Xerardo Abraldes Fernández
Secretario Comarcal CIG Vigo
Que a automoción é a raíña da economía viguesa, non admite moita discusión, e especialmente cando outros sectores tradicionais da economía viguesa, están perdendo peso. Esta afirmación sustentase en variables tais como a porcentaxe de facturación, emprego creado e mesmo na súa importancia social.
Ademais da automoción, so uns poucos sectores teñen algo que dicir na nosa economía: o mundo da pesca, a construción, e en menor medida o naval, dan unha nota de cor nunha cidade con moi poucos matices.
A ninguén se lle escapa que o sector da automoción está a día de hoxe formado exclusivamente por empresas multinacionais, xa que as locais foron absorbidas ou desapareceron, cuxa ligazón ó territorio é meramente conxuntural.
E por isto polo que é fundamental buscar as claves para que estas empresas teñan necesariamente que permanecer na nosa area. Esta conséguese a través de varios camiños, un dos cales é sen dubida a formación e cualificación profesional dos traballadores e traballadoras, que complementado cun investimento tanto público ( a universidade ten moito que dicir nesto) como privado (é necesario que os clúster invistan moito máis que na actualidade) en I+D+I, obriguen na practica as empresas a permanecer no territorio.
Outro importante factor de fixación ó terreo das empresas multinacionais en Galiza, debe ser a dotación de infraestruturas que as fagan competitivas e as acheguen os mercados internacionais. Non debemos esquecer que Galiza esta na periferia da periferia, e que unhas boas comunicacións axudan a recortar tempos e custes, tan importantes nos tempos que corren, e ó mesmo tempo son un importante beneficio para o conxunto da sociedade.
En todo caso, existe outra arma importante moi pouco utilizada: a penalización por parte da administración a empresa que fuxe, sempre deixando un regueiro de paro, desesperación e prexuízos a sociedade da area que abandona. E fundamental tamén que as subvencións teñan un control máis estrito, e que en caso de incumprimento podan ser recuperadas pola administración que as concedeu.
Ademais da fixación ó terreo destas empresas, entendemos que existe outro problema que é necesario resolver: a diversificación produtiva e económica. A economía viguesa non pode seguir basculando practicamente en exclusiva nun sector como a automoción, que se ben é un sector xerador de riqueza e emprego, cunha tecnoloxía moderna, e relativamente pouco contaminante, ten un alto risco, que cada vez será máis alto de deslocalización e perda de emprego dependendo da conxuntura do mercado.
E por isto polo que dende a CIG, defendemos a diversificación da economía viguesa, entrando en sectores de alto valor engadido, apostando por potenciar o sector de servizos as empresas e por atraer novos sectores en plena expansión noutros países. Ademais, non sería bo que unha cidade como a nosa quedase estancada unicamente no sector industrial; sectores como o turismo de calidade, o comercio especializado e cercano, o sector da ecoloxía e outros moitos deberán ser a punta de lanza que converterán a Vigo na cidade de servizos de referencia da rexión Galiza - Norte de Portugal, sen esquecer o seu papel como a primeira cidade industrial de Galiza.
Non quixera rematar sen facer unha mención expresa ó emprego: as persoas cun traballo estable, de calidade e ben formadas, e motivadas no seu traballo, son un garante de calidade e produtividade para a empresa que as emprega.
Polo tanto, eliminemos a precariedade, e ademais de eliminar a maior lacra social dos nosos tempos, conseguiremos unha sociedade máis xusta, unha economía mais estable e unhas empresas mais pegadas ao terreo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario